A historia de Kirorelax comeza coa historia dun neno con problemas de columna. A día de hoxe parece carecer de importancia, pero no seu día, baixo a ignorancia e preocupación dunha nai, marcou un antes e un despois.
Con 10 anos foi diagnosticado de cifoescoliose, as solucións baralladas pola traumatóloga eran corsé de ieso nun principio, logo un corsé ortopédico e ir adaptándoo a medida que crecía e finalmente valorar a operación. A vida dun neno activo se vía totalmente limitada, adeus a xogar cos amigos, adeus correr, cousa que era parte importante da súa vida e a dificultade de facer prácticamente calquera actividade cotidiá. Esta nai e este neno saíron da consulta totalmente trastocados, fundidos nunha turbulenta nube de dúbidas, pero máis alá de afundirse, a nai comezou a buscar posibilidades.
Por casualidades da vida, gracias a súa profesora de aeróbic coñeceu a un osteópata co cal comezaría o tratamento en breve. Pospuxéronse as medidas traumatolóxicas e se fixeron revisións para ir vendo a evolución. 10 anos de tratamento osteopático e desenrolo de forza compensatoria conseguiron unha columna con patoloxía pero totalmente estable, nunca evolucionou máis, nunca provocou problemas graves. Ese neno puido crecer cunha vida normal e unha vida deportiva máis que satisfactoria.
A día de hoxe, con títulos como: subcampión de España de 5000m.l. Juvenil, campión de España de 10000m.l. Junior, 5º en campionato de España de campo a través Juvenil, 13 veces top 10 internacionais de Canicross incluíndo 1 medalla de prata europea, se pode dicir que a osteopatía lle salvou a vida a aquel neno con patoloxía de columna. Debido aos acontecementos vividos durante a infancia, aos 14 anos empeza a interesarse pola osteopatía, polo que lle pide ao seu osteópata que lle ensine a dar masaxes. Aos 16 anos as ideas xa están moito máis claras, quere salvar vidas. Sí, porque vivir non só é estar vivo, senón ter saúde para poder facer todo o que necesites. Así, comeza a formarse para algún día ser como a persona que lle salvou. 1 ano de quiromasaxe, 5 anos de osteopatía, tratar a familiares e amigos que ven beneficios e traen a máis xente. En setembro de 2006 Kirorelax nace oficialmente. É o momento de transmitir os beneficios das terapias manuais a quen o necesite. A día de hoxe máis de 10000 personas foron tratadas en Kirorelax e a formación nunca parou, porque canto máis sabes, máis te das conta de que necesitas saber máis.

